fbpx
Homenaxe a tres republicanos, socialistas e católicos, asasinados polo fascistas en Mondoñedo por ser afíns á República / PSdeG

Como “sacar das sombras” á Xeración Perdida do 36

Tempo de lectura: 2 min.

A biblioteca pública Ánxel Casal en Santiago de Compostela acolleu no seu salón de actos a presentación dun novo proxecto audiovisual sobre os represaliados na Guerra Civil. Máis dunha vintena de persoas xuntáronse este martes ás 19:30 para escoitar as palabras da concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón Ferreiro; o director do documental, Xosé Antón Moure; o produtor de Fílmika Galaika, Roi Carballido; e o historiador Emilio Grandío.

A conferencia foi aberta pola representante do Concello de Santiago de Compostela, que xunto a outros concellos, apoian o desenvolvemento desta peza audiovisual titulada Xeración Perdida 36. Rosón destacou a importancia da recuperación dos nomes e especifica o compromiso dos gobernantes da capital con esta. Ademais, destaca a figura de Ánxel Casal, unha das tres representadas no filme. Casal foi un dos intelectuais e políticos galegos que máis fixo pola “memoria colectivo do pobo galego”.

A DEMOCRACIA COMO BASE DA SOCIEDADE

O historiador da USC, Emilio Grandío, tamén afondou no concepto de recuperación histórica, xa que queren que estas historias “saian das sombras a través deste tipo de proxectos”. Reiterou que non se trata de ideoloxías, senón de democracia. “Hai que devolver á sociedade aquilo que é da sociedade”, declara.

Grandío tamén agradeceu o apoio de todas as institucións que participaron no proxecto. “O traballo colectivo” de institucións públicas, asociacións e grupos de investigación foi moi destacable en todo este proceso que comezou en 2018 e que destacou pola seriedade nas súa forma.

Presentación do filme Xeración Perdida 36,

RESPONSABILIDADE

A seguinte quenda de palabra foi para o director do documental. Moure confesou que normalmente enfróntase aos seus proxectos con alegría, mais esta vez, envolveulle a tristeza das historias.

Por último, antes do coloquio, o produtor aclarou que a gravación do documental comezará na primeira ou na segunda semana de marzo. Ademais destacou o gran apoio por parte dos concellos da provincia (Santiago de Compostela, Boiro, Ares, Ceo, Betanzos, Ferrol, Fene) e comentou que a TVG debería estar interesada neste tipo de proxectos para a súa distribución.

O PROXECTO

O Golpe de Estado de xullo de 1936 supuxo en Galicia a represión, fuxida e execución de miles de galegos e galegas. Estes feitos foron recollidos no libro “Xeración Perdida 36”, un traballo do Grupo de Investigación Hispona da Universidade de Santiago de Compostela (HISPONA) no que se rescata toda a historia de represión sufrida na provincia da Coruña de xeito analítico e contrastado. A partir desta obra, xorde o proxecto audiovisual, unha longametraxe documental dirixida por Xosé Antón Moure e producida por Fílmika Galaika , que plasmará en imaxes a historia do libro.

Pode que che interese...