fbpx
Destrución de patrimonio nas obras do túnel da Porta do Sol en Vigo / VigoBlog

Así destrúen as obras patrimonio de finais do século XIX en Vigo

Tempo de lectura: < 1 min.

As obras na centro de Vigo para a construción un túnel baixo a Porta do Sol segue a deixar malas novas para a conservación do patrimonio da cidade. Unhas imaxes publicadas en redes sociais mostran como unha maquinaria de obra semella que rompe cos restos da bóveda dun antigo paso peonil da cidade olívica.

Fai un mes, segundo denunciou Vigo Histórico, o Concello de Vigo desobedeceu a orde da Dirección Xeral de Patrimonio de cubrir os restos arqueolóxicos con terra e malla xeotextil de modo transitorio para evitar que a choiva provocase danos. A administración municipal ordeara recubrir con formigón unha parte do terreo.

Este é o vídeo no que se pode ver a destrución do patrimonio vigués:

Pode que che interese...