fbpx
Túneles baixo a fortaleza do Castro / Metropolitano.gal

A historia que se agocha baixo a fortaleza do Castro de Vigo

Tempo de lectura: < 1 min.

Vigo é unha cidade que se construíu sobre os seus propios restos. Boa parte da súa muralla quedou afundida baixo o pavimento da cidade contemporánea. Este suceso non só se da no Casco Vello, senón que a fortaleza do Castro tamén ten a súa historia subterránea grazas aos seus esquecidos túneles.

A fortaleza do Castro foi construída entre os séculos XVII e XVIII sobre as ruínas dun antigo castelo medieval, derruído entre 1480 e 1482. O seu obxectivo era a protección da cidade ante os constantes ataques que recibía, aínda que estaba tan lonxe do mar que non era efectiva. Por esta razón, os proxectos de mellora non pararon de sucederse, sen levarse a cabo ningún.

Os túneles que se atopan baixo a fortaleza foron de especial relevancia na defensa da cidade durante o ataque inglés de 1719. Os túneles serviron para gardar os alimentos e materias de guerra, ademais de para manter seguros os soldados feridos.

Como informa Metropolitano, tras as obras de recuperación da muralla, que permitiron limpar os muros e dotalos de iluminación, o Concello de Vigo busca agora poñer en valor estes túneles, cun proceso de musealización que está pendente do visto e prace de Patrimonio da Xunta, pero que xa conta con dotación orzamentaria do Goberno de España. O proxecto dotaraos de iluminación e poderán ser visitados. Máis información en Metropolitano.Gal.

Pode que che interese...