fbpx
Sarcófagos en O Marzán O Rosal / vía Galicia Máxica

Cando sarcófagos medievais acaban de lavadoiros

Tempo de lectura: < 1 min.

O sur de Pontevedra conta con numerosos sartegos de orixe medieval nos seus montes. E a reutilización é unha acción moi común en Galicia. Na área de Vigo xúntase estes dous elementos, polo que moitos destes sarcófagos teñen na actualidade novos usos.

Este é o caso do existente no atrio de San Martiño de Moaña, como relata La Voz de Galicia. A imaxinación de alguén -supónse que relacionado coa igrexa parroquial- converteu un sartego de pedra dos últimos momentos da Idade Media nun lavadoiro. Na zona aseguran que a transformación se realizou nos anos cincuenta do pasado século.

Tamén podemos atopar casos de reutilización no coñecido como Bosque Enfeitizado de Aldán. Os elementos funerarios foron convertidos en asentos, xa que se cortaron un dos lados. Segundo o xornalista Jorge Lamas, hai un xusto en fronte ao pastiche de castelo, e o outro se sitúa tras pasar o impresionante acueduto que achegaba auga á casa señorial situada alén da estrada. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...