fbpx
Serra da Cabreira e Anamán / minube.com

A lenda das sete virxes de Anamán, no Xurés

Tempo de lectura: < 1 min.

Galicia é unha terra cunha chea de mitos e lendas que enriquecen a nosa cultura. Unha das lendas máis coñecidas é a das Sete Virxes de Anamán. Orixinaria do Xurés (Ourense), esta lenda narra a historia de sete virxes que buscaban como sete virxes irmás parten para buscar un lugar onde establecerse, onde poderanse ver unhas coas outras.

A lenda di que as sete irmás saíron dunha pena cunha fendedura. Convertéronse en virxes e agora residen naquela comarca, mais repartidas en diferentes lugares. Na provincia de Ourense están catro das sete: unha é a do Viso, en Lobeira; outra a do Xurés, en Lobios; en Sobreira (parroquia de Ferreiros, O Entrimo) tamén reside outra; e a última está en Carballeira, en Queguas, O Entrimo.

Como se pode ver hai dúas que pertencen ao Entrimo. Nesta localidade dise que está o berce das sete virxes. As tres restantes marcharon a Portugal, a Boavista en Asiera, a Virxe da Peneda e a Anamão. Aínda así, a lenda di que se ven unhas ás outras dende os seus santuarios, agás a da Peneda. Ela é a máis pequena das irmás e foi onde ningunha das outras quixo ir. A lenda narra que esta virxe dixo que a pesar de ir a Peneda, ela sería “a máis venerada”. Noutra versión, dise que escolleu Peneda para estar máis préto da xento e na cume dun monte. 

Pode que che interese...