O Castro de Santa Tegra e Aquis Querquenius están entre os xacementos máis importantes de España
Entre os xacementos máis importantes de España, o National Geographic resalta dous galegos. Trátase do Castro de Santa Tegra e o Aquis Querquenius, que se atopan entre os 31 máis importantes de España, xunto a outros como a cidade de Mérida ou Atapuerca.
Acerca do castro celta de A Guarda, a publicación destaca non só as súas dimensión, pois o castro acolleu entre 3.00 e 5.000 habitantes, senón tamén algunhas características que o diferencian de outros similares de Asturias ou Galicia. En concreto, sinala a presenza dun pequeno atrio circular que se atopaban algunhas das edificacións do recinto. A isto tamén se lle engadía, nalgúns casos, un forno.
A proximidade de augas termais ao Aquis Querquennis de Bande tamén fixo que este campamento lexionario fose un dos máis importantes da época romana, e que se inclúe entre outros xacementos romanos como as cidades de Cástulo, Numancia. Máis información en National Geographic.