fbpx

Na procura dos nomes agochados de Leiro, en Rianxo

Tempo de lectura: < 1 min.

Recoller testemuños persoais na parroquia de Leiro, en Rianxo, foi a maneira de achegarse ao patrimonio toponímico e cultural que tivo o alumando da USC. O estudando do grao de Enxeñaría Forestal e o mestrado de Estudos da Literatura e da Cultura levaron a cabo un traballo de investigación para poder afondar no patrimonio toponímico desta parroquia rianxeira.

A Aprendizaxe por Servizo (ApS) foi a metodoloxía que seguiu o alumando, e que integra os procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade. Así, a través da toponimia de Leiro, os alumnos e alumnas acercáronse á realidade da contorna dende a responsabilidade social.

O traballo, que foi coordinado polos profesores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Emilio Carral, e da Facultade de Filoloxía, Elias Torres. Os resultados da investigación foron presentados o pasado 11 de xuño no Centro cultural Vicente Vidal. Máis información na páxina web da USC.

Pode que che interese...