fbpx
Mosaico de Panxón con temática mariña / Asociación Mosaico de Panxón

O mosaico romano de Panxón a piques de volver a casa tras anos espoliado en EE.UU.

Tempo de lectura: < 1 min.

A asociación Mosaico Romano de Panxón acaba de facer público un comunicado no que informa que acadou con éxito o obxectivo de recadación de fondos de 18.000 euros na súa campaña de micromecenado, grazas as aportacións de particulares, tanto do Val Miñor como doutras partes de España.

Polo tanto, contando cos 40.000 euros comprometidos polo pleno do Concello de Nigrán, xa se podería acometer a compra do mosaico romano de Panxón, a súa repatriación desde EE.UU. e doazón ao Concello de Nigrán para o desfrute de veciños e visitantes, sendo un ben de gran valor para oferta cultural e turística do concello.

Sen prexuízo do anterior, para poder instrumentar xuridicamente a posta en disposición dos 40.000 euros e doazón da peza ao Concello unha vez adquirida, é necesaria a firma dun convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación.

Os prazos son perentorios xa que o contrato de reserva do mosaico subscrito con Carlton Hobbs remata o vindeiro 28 de outubro de 2022, momento na que a peza poderá regresar ao mercado e ser adquirida por calquera persoa, perdéndose para sempre.

A repatriación do mosaico está polo tanto suxeita exclusivamente a data de hoxe a acción do Concello para implementar a súa xenerosa aportación.” Máis información en Xornal de Vigo

Escrito por

Equipo técnico de Historia de Galicia