fbpx

Investigando os misterios do gran camposanto da Lanzada

Tempo de lectura: < 1 min.

A necrópole da Lanzada foi obxecto de estudo para coñecer as características do solo e o valor que este ofrece para as investigacións arqueolóxicas e antropolóxicas. O grupo de investigación EcoPast da USC foi o encargado de levar a cabo un estudo, cuxos resultados foron publicados no último número da revista científica Scientific Reports.

Baixo o título de Unferstanding Necrosol pedogenetical processes in post-Roman burials developed on dunes sands (Comprender os procesos pedoxenéticos do necrosol nos enterramentos posromanos desenvolvidos en áreas dunares), o grupo galego achegouse ao mundo das necrópoles. En concreto, a investigación aporta información sobre a identificación de foxas. Para levala a cabo a, foi a necrópole da Lanzada a elixida para acolleras investigacións, lugar no que se atoparon 17 esqueletos, máis de 15.000 pezas arqueolóxicas e restos de diferentes construcións en escavacións que se levaron a cabo nos nos 2010, 2017 e 2021.

“Malia que os nosos resultados son prometedores e proporcionan unha explicación axeitada para outras observacións, necesítanse máis estudos que consideren diferentes marcos cronolóxicos e materiais parentais para entender mellor a formación do necrosol”, afirmar as investigadoras. O equipo está formado por Zaira García López, Antonio Martínez Cortizas, Noemi Álvarez Fernández e Olalla López Costas.

Pode que che interese...