fbpx

Omnes Viae, o GPS que permite saber como chegar da Antiga Roma a Finis Terrae

Tempo de lectura: 2 min.

Para ir dende o Aquis Querquennis ata Lucu Aucusti na época do Imperio Romano terías que pasar por poboados como Geminis, Salientibus, Praesidio, Nemetobrica, Foro Gigurnion, Gemestarium, Bergido, Uttaris, Ponte Neviae e Timalino, ata chegar ao destino desexado. Ou o que é o mesmo, recorrer as vías romanas para pasar polo sur da cidade de Ourense, Pobra de Trives e a aldea berciana de Cacabelos. Pero maior era o recorrido se dende a cidade lucense se quería chegar a Carthago Partaria ou mesmo Roma, destino que se acadaba tras moitos quilómetros e cruzando ata 10 ríos.

Coñecer as características das rutas roamnas é posible grazas ao portal Omnes Viae: Roman Routeplanner, unha web que achega a información e o camiño a seguir entre dous puntos do imperio romano, que ocupou territorios que albergaron dende Fines Terrae ata a actual India.

Omnes Viae configúrase como un GPS ou Google Maps que o percorrido entre calquera punto do imperio, deseñado polo holandés René Voorburg. A plataforma amosa, ademais, as cidades e vilas que se atopan no percorrido, así como as cordilleiras ou ríos que se tiñan que atravesar.

A web está basada na Tabula Peutingeriana, un mapa do s.III no que aparecían detallados maís de 2.000 lugares pertencentes ao Imperio Romano. Dito documento forma parte da Lista de Matrimonio Mundial da UNESCO dende 2007. Ademais, Omnes Viae tamén segue os datos do Itinerario Antonino, tamén coñecido como Itinerario de Antonino Augusto Caracalla. Elaborado no s.II, esta especie de mapa foi sufrindo modificacións ata o itinerario que chegou aos nosos días, e que é unha copia elaborada no século IV na época de Dioclesiano.

Porén, a web Omnes Viae non é a única maneira dixital de achegarnos aos percorridos romanos, pois a Universidade de Stanford elaborou no 2019 un atlas multimedia, coñecido como Orbis, que non só amosa os camiños e os itinerarios, senón que permite afondar nas condicións de viaxe. Neste caso, unha suposta viaxe dende Flavium Brigantium (A Coruña) ata Asturica (Astorga) levaríanos 7,7 días recorrer os 231 quilómetros en xaneiro, mais só 4,1 días se o facemos a cabalo e no verán

Pola súa banda, Viator-e é unha iniciativa, aínda en construción, que pretende construír un mapa virtual das vías do Imperio romano de Occidente. Neste caso, trátase dun proxecto liderado polo doutor Pau de soto do Institut Català d’Arqueologia Clàssica.

Con todo, estas iniciativas axudan a entender as comunicacións da época romana, así como achegan unha nova visión interactiva da magnitude que tivo o Imperio Romano.

 

Pode que che interese...