fbpx

Coñece as pintadas rupestres de Penedo Gordo con todo detalle

Tempo de lectura: < 1 min.

Achegarse ás pinturas rupestres que garda o Penedo Gordo de Feilas, no concello de Vilardevós, é posible grazas ao libro O Penedo Gordo. Intervención arqueolóxica nun abrigo con pintura rupestre esquemática da Galicia suroriental. A obra recolle as intervencións dende que no 2017 dous veciños de Verín e Castrelo de Val atopasen unhas pinturas esquemáticas nun abrigo do Penedo Gordo, tamén coñecido como o Penedo da Moura.

“A identificación de dous sitios con pintura esquemática holocena sobre distintos soportes (cuarcita e granito) no val de Monterrei, supón un fito na historiografía da arte rupestre en Galicia”, sinala a coordinadora da obra e investigadora do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT), Beatriz Comendador.

É por iso que esta obra é de interese para o público xeral, pero sobre todo para o ámbito da arqueoloxía e a arte rupestre. “O seu interese non radica só nos contidos, senón na metodoloxía, ao implantar protocolos de traballo nunha investigación de carácter multidisciplinar”, engade Comendador.

As pinturas presentes no Penedo Gordo son pinturas rupestres de tradición esquemática, e cuxa cronoloxía podería estar entre o Neolítico Medio e Final. Con respecto á metodoloxía de investigación seguida na análise destas pinturas, a coordinadora da obra aseguro que servirá para exemplificar e demostras as posibilidades que esa metodoloxía levada a cabo ten, e que permiten ademais o estudo dos procesos sociais e económicos relacionados coa sociedades prehistóricas.

Unha vintena de profesionais atópanse entre os colaboradores que fixeron posible o libro. Dende as universidades de Coimbra, Vigo, Cantabria, Santiago de Compostela, León ou Alcalá de Henares, ademais de institucións como o CSIC, o Museo Militar da Coruña, Arbotante ou Árbore Arqueoloxía, todos eles contribuíron á creación da obra.

Pode que che interese...