fbpx
Manifestación fronte a Casa Cornide / foto Plataforma en Defensa do Común

“O método Meirás contra os Franco vai servir para recuperar a Casa Cornide da Coruña”

Tempo de lectura: < 1 min.

O colectivo Defensa do Común ten previsto realizar unha marcha para reclamar na Coruña a recuperación da Casa Cornide, propiedade da familia Franco. O vindeiro luns, día 26, nunha reunión con representantes do tecido asociativo da cidade herculina –entidades de carácter político, sindical, veciñal e recreativo– acordarán a data na que se celebrará esta mobilización que terá un carácter “lúdico reivindicativo”.

Así o informaron o presidente de Defensa do Común, Manolo Monge, e o responsable de comunicación deste colectivo, Ricardo Vales. Fixérono nunha rolda de prensa convocada con motivo de que a familia Franco volvese a pór á venda a Casa Cornide, sobre a que o concello herculino anunciou a presentación dunha demanda para a súa recuperación ao patrimonio público.

“Queremos conseguir unanimidade para pedir a súa devolución. O método Meirás vai servirnos para conseguilo; con consenso social e mobilización cívica”, explicou Monge. O presidente lembrou que a recuperación do Pazo de Meirás “foi unha batalla de 40 anos“. “Os Franco volven á carga e nós volvemos á actividade total para frear esta nova ofensiva”, engadiu. Toda a información no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...