fbpx
Recreación en 3D do castelo da Rocha Forte / Anxo Mijan @trasancos

Queres coñecer como é en 3D a maior fortaleza da Galicia medieval, o castelo da Rocha Forte?

Tempo de lectura: 2 min.

A Rocha Forte foi o maior castelo da súa época, a fortaleza arcebispal de Santiago de Compostela. Tal era o seu poder que nel aconteceu un dos grandes magnicidios da historia de Galicia, a dos representantes da cidade de Santiago en 1320 no coñecido como Día da Ira. Pero hoxe só quedan os alicerces do que foi o gran centro de poder da Galicia medieval.

O castelo da Rocha Forte na actualidade / Anxo Miján @trasancos

O castelo foi completamente destruído polos Irmandiños no ano 1467. Tal foi a virulencia da batalla que hoxe o que máis se atopan nas ruínas do castelo son os pelouros, grandes e pequenos que se guindaron desde as catapultas. Durante séculos ficou esquecido ata que en 2001 comezou un proceso de escavación que aínda continúa.

Precisamente, estes días deuse a coñecer un gran traballo de reconstrución en 3D realizado polo equipo de Trasancos 3D. Como punto de partida para a reconstrución, utilizaron unha fotogrametría do xacemento feita en 2019 e, a partir dela, en base á documentación, a reconstrucións previas e aos máis recentes achados fomos levantando de novo o castelo de maneira virtual. Tamén utilizaron os datos dunha prospección xeofísica que detectou a presenza dunha terceira muralla e os foxos que rodeaban o castelo.

Reconstrución en 3D do Castelo da Rocha / Anxo Miján @trasancos

Trasancos 3D tamén utilizou os estudos realizados estes últimos 20 anos nos que había información sobre como eran os camiños e os asentamentos mediavais na contorna do castelo. “Aplicando todo iso, pasamos á seguinte fase… darlle vida recreando tamén en 3D toda a contorna de Rocha Forte! E o resultado foi máis que satisfactorio!”, suliña Anxo Majín de Trasancos3D

E este foi o resultado final do gran traballo realizado.

 

Pode que che interese...