fbpx
Vista da antiga fronteira de Salvaterra a comezos do século XX / Lazoiro

As lendas, tradicións ou contos galego-portuguesas teñen xa o seu centro de referencia

Tempo de lectura: < 1 min.

A Cámara Municipal de Valença asinou un protocolo de cooperación coa AECT Rio Minho e a Asociación Cultural e Pedagóxica ‘Ponte…nas Ondas!’ para a instalación, en Valença, do Centro do Património Imaterial Galego Português.

Esta nova estrutura desenvolverase no ámbito do proxecto europeo ‘Livhes – Sudoe’, que escolleu o traballo da Asociación Ponte nas Ondas como experiencia de boas prácticas representativa da eurorrexión. A iniciativa será cofinanciada polo programa Interreg-Sudoe 2014-2020.

Á par deste centro o protocolo contempla, ademais, o desenvolvemento de accións de preservación do Patrimonio Cultural Imaterial. O centro proposto pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas Ondas! é un espazo que servirá de repositorio cultural, destinado ao patrimonio cultural inmaterial galego-portugués.

“Con este centro preténdese un espazo vivo, máis alá do concepto de museo tradicional, con exposicións temporais, proxeccións, palestras e concertos, entre outros”, explican nun comuniado. O centro terá, de base, unha exposición permanente enfocada en cinco áreas temáticas: tradicións orais, contos e lendas, cultura marítimo-fluvial, cultura agraria e ciclo festivo anual.

Pode que che interese...