fbpx
Castro do Campo do Vilar en Folgoso do Courel, tras os incendios que afectaron a esta comarca en 2022 / Carlos Cortés-LVG

O castro que rexurdiu tras un gran incendio

Tempo de lectura: < 1 min.

Os incendios do pasado verán puxeron ao descuberto un singular elemento do patrimonio arqueolóxico do municipio de Folgoso do Courel que levaba moito tempo oculto por maleza. Trátase do castro do Campo de Vilar, situado nas proximidades da localidade do mesmo nome, que foi gravemente afectada os lumes forestais.

Na actualidade, as ruínas do antigo asentamento divísanse claramente desde a estrada que vai do Alto do Boi a Vidallón e A Campa, aínda que xa comezou a medrar a vexetación. A pesar do seu abandono, o xacemento está catalogado desde hai moitos anos. Entre 1977 e 1978, un equipo de arqueólogos estudou e inventarió un total de vinte e catro castros repartidos polo territorio do Courel. Un deles foi o de Campo de Vilar.

Os resultados deste proxecto de investigación déronse a coñecer nun libro publicado en 1980 polo Ministerio de Cultura. Nesta obra aparece mesmo un plano do castro. No estudo indicouse que a croa ou recinto central do castro conservábase “case intacta até unha altura de máis de dous metros nalgúns puntos”.  Dáse a circunstancia de que as investigacións da década de 1970 levaronse a cabo despois duns incendios de grandes dimensións que puxeron ao descuberto moitos castros que estaban entón cubertos pola vexetación, facilitando en gran medida o traballo dos arqueólogos. Toda a reportaxe en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...