fbpx
Dorothé Schubarth na súa recopilación da música tradicional galega / Museo do Pobo Galego

Morre Dorothé Shubarth, unha das grandes compiladoras da música tradicional galega

Tempo de lectura: < 1 min.

Morreu en Basilea a musicóloga suíza Dorothé Schubarth. Dorothé Schubarth, nada en Basilea en 1944 foi unha musicóloga e compositora suíza. Tras facer estudos musicais na súa cidade natal, ampliounos logo en Colonia e Múnic.

Foi unha das principais compiladoresa de música tradicional galega. Percorreu Galicia a finais dos 70 para gravar os cantares da xente, transcribilos e publicalos, xunto Antón Santamarina, no , obra crable para entender o noso patrimonio musical.

Segundo apunta o Museo do Pobo Galego, esas gravacións están a disposición da cidadanía no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (#APOI) deste museo grazas á xenerosidade da propia Dorothé Schubarth e á de Antón Santamarina. En agradecemento polo seu traballo e interese pola nosa maneira de cantar, o Museo do Pobo Galego nomeou a Dorothé Schubarth Patroa de Honra en 2017.

Pode que che interese...