fbpx
Panteón de Alfredo Brañas no Panteón de Galegos Ilustres en Bonaval

Como se regula o uso do Panteón de Galegos Ilustres?

Tempo de lectura: 2 min.

Entre as paredes do Museo do Pobo Galego descansan os restos galegos ilustres como Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Francisco Asorey, Ramón Cabanillas, Castelao e Domingo Fontán. Foi no 1891 cando os restos de Rosalía de Castro se trasladaron seis anos despois da súa morte do cemiterio de Adina (Padrón) á capela compostelá, inaugurándose así un lugar no que agora se atopan sepultados figuras importantes da historia de Galicia.

O coñecido como Panteón de Galegos Ilustres, como recolle elDiario.es, naceu na emigración e nas asociacións de galegos que alí se formaron. Así, a capela da Visitación, da igrexa gótica de San Domingos de Bonaval converteuse nun lugar no que sepultar a algunhas das figuras da cultura galega.

O Arzobispado era o propietario da igrexa, a capela e o convento (que na actualidade acolle o Museo do Pobo Galego) cando os restos de Rosalía de Castro chegaron a Santiago. Porén, o lugar pasou a ser propiedade pública coa desamortización de Mendizábal. Foi no 2006 cando o Tribunal Supremo revisou as propiedades, pertencendo dende entón a capela da Visitación e o cemiterio do Rosario, que se atopa ao carón da igrexa, ao Arzobispado de Compostela. Pola contra, o convento e a entrada á Igrexa son propiedade do Concello de Santiago.

É por iso que para poder usar o Panteón de Galegos Ilustres é necesaria a autorización da Diocese de Santiago de Compostela, algo que preocupa, como recolle elDiario.es, ao Consello da Cultura Galega.

A capela na que se atopa o Panteón tamén é escenario de eventos culturais e políticos, por iso se busca un acordo para regular os seus usos, sen que estes dependan da autorización por parte do Arzobispado. Para iso, o acordo entre este último, as fundacións Rosalía de Castro, Castelao e Alfredo Brañas, o concello de Santiago, a Xunta de Galicia e os tres partidos políticos con representación parlamentaria, o Museo do Pobo Galego e a Confradía do Rosario deben chegar a un acordo. Trátase dun tema que leva presente anos no Parlamento de Galicia, pero que ata o de agora non atopou solución. Máis información en elDiario.es.

Pode que che interese...