fbpx
Hórreo / Xan Xe

Imaxes eternas de hórreos eternos da paisaxe galega

Tempo de lectura: < 1 min.
Hai un movemento (Rede Hórrea) que quere que se recoñezan os hórreos como patrimonio cultural inmaterial da humanidade. Lendas, ritos, traballos asociados e foliadas son parte da riqueza que rodea estas edificacións. Recibe nomes diferentes segundo as zonas e as súas feituras: cabaceira, cabaceiro, cabazo, canizo, canastro, canizo, celeiro, espigueiro, palleira ou piorno.
E para destacar a importancia deste elemento tan característico da etnografía galega, este sábado inaugurase na Asociación Veciñal de Magalofes a exposición “Documenta Hórrea. Proxecto Magalofes”. A través das fotografías de Xan Xe, das creacións de Juan Sobrino, Andrea Pena, Verónica Garcia, Alejandro Coedo, Malena Carballo e dos alumnos e alumnas de Laudas Calamity faise un percorrido visual pola relevancia que os hórreos teñen en Galicia. Coa carpintería de Antonio García, e comisariada por Laura Bouza, a imaxe do hórreo volve ser o centro da arte, a verdadeira realidade.
Organiza a mostra Son Radiofusión, Laudas Calamity e Radio Fene. “Desde o punto de vista arquitectónico, o hórreo foi a dependencia máis importante da casa labrega, a de maior interese espacial e construtivo e na que se manifesta o sentido plástico e a fantasía. Constitúe, unha das achegas máis significativas á hora de conformar a paisaxe galega e un elemento peculiar da nosa xeografía””, destacan os organizadores.

Pode que che interese...