fbpx
No segundo capítulo da Espada de San Eufrasio, do ilustrador Miguel Fernández, hai bestas perigosas... de duas e de catro patas.

Na procura de San Eufrasio, outro Camiño de Santiago?

Tempo de lectura: < 1 min.

Todos os grupos con representación no Parlamento de Galicia votaron ‘si’ a unha proposición non de lei para instar á Xunta de Galicia a que estude, xunto cos responsables dos concellos de Sarria, Samos, O Inicio, Pobra do Brollón e do Courel a existencia da historicidade como ruta de peregrinación a Santiago de Compostela do camiño Eufrasiano.

Así se votou este xoves na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo tras unha iniciativa presentada polo BNG, que foi modificada por todos os grupos da cámara para chegar a un consenso. O documento final solicita ao Goberno galego que estude esta ruta tamén co tecido asociativo e social implicado na mesma, xa que no Inicio está enterrado de San Eufrasio.

Segundo defendeu o BNG, sería “perfectamente viable” que seguindo ao camiño Francés, as persoas chegadas a Samos puidesen atopar unha vía para chegar ao Val do Mao, e logo volver empatar co camiñou Francés. Tamén a Ruta da Prata e o Camiño de Inverno poderían pasar pola zona.

Na proposta, os grupos pediron outras alternativas para dar coñecemento e divulgación á historia de San Eufrasio, vinculada a estes concellos lucenses.

Pode que che interese...