fbpx
Ponte romano de Ourense / ourenseando.es

Lavado de cara á Ponte Romana de Ourense

Tempo de lectura: 2 min.

A Xunta espera rematar antes de agosto a primeira fase na Ponte Romana de Ourense. Así o anunciou a conselleira de Medio Ambiente e Infraestruturas, Ethel Vázquez, nunha visita á cidade das Burgas. Esta actuación verase completada cos traballos de restauración -dentro desta primeira fase- da Consellería de Cultura.

Así o indicou durante unha visita ás obras a titular de Infraestruturas, quen concretou que a adxudicación dos traballos que levará a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas.

“Esta actuación global está enmarcada nun proxecto máis ambicioso de 1 millón de euros, que se completará nunha seguinte fase coa integración e recuperación da zona do santuario dos Remedios”, apuntou Vázquez, quen fixou un horizonte “de tres meses” para o remate das obras por parte do seu departamento e doutro tres para que conclúa o seu parte Cultura.

O seu departamento actuará na calzada e na iluminación, e “deixará o pavimento cun único material de pedra granítica” respectando ao máximo o seu “estado orixinal”, detallou a conselleira.

En canto á iluminación, dixo que se cambiarán os actuais farois por outras “made in Ourense” grazas ao uso de leds, o que permitirá favorecer “o aforro enerxético“, e procederase á retirada dunha tubaxe de abastecemento, actualmente en desuso.

O resto de traballos consistirán na eliminación dos graffitti que están pintados na ponte e nas edificacións anexas, retirada do mobiliario urbano e dos focos, e outros elementos engadidos, xunto coa realización dos tratamentos de fosilización dos troncos das árbores enraizadas na fábrica. Tamén acondicionará o camiño peonil que discorre baixo un dos arcos.

Pola súa banda, a Consellería de Cultura procederá de forma complementaria á realización de traballos técnicos consistentes na limpeza de maleza, restauración da sillería, retirada da condución de abastecemento e restauración dun dos alicerces. Nunha segunda fase, a Xunta realizará actuacións de restauración de todo a contorna sobre o que se asenta o santuario de Vos Remedios para acondicionar toda a zona.

Pode que che interese...