fbpx
Situación e defensas do castro de Bexo, en Dodro / manuelgago.org

O Concello de Dodro limpa o castro de Bexo

Tempo de lectura: < 1 min.

O castro de Bexo, en Dodro, volveu recuperar, en parte, o esplendor que tivo cando foi escavado tras ser sometido a unha fonda limpeza por parte do concello. Deste xeito, xa se poden apreciar as catorce estruturas nas que houbo intervención arqueolóxica, así como os muros da fortaleza.

O estado de conservación no que se atopaba o castro “estaba bastante alterado, pola extracción de pedra para outras construcións, polo desmantelamento dos muros, así como por escavacións furtivas na croa”, segundo apunta o propio concello. O seu interior estaba ocupado por unha intensa repoboación de eucaliptos que distorsionaban e alteraban ou xacemento arqueolóxico.

Muros do castro de Bexo, en Dodro / conocergalicia.com

Muros do castro de Bexo, en Dodro / conocergalicia.com

O castro, tamén coñecido como As Murallas, localizase na parroquia de San Xoán de Laíño. Os terreos sobre os que se asenta o xacemento, un dos máis importantes da comarca polo seu tamaño e emprazamento, pertencen á Comunidade de Montes Cruz do Avelán.

Os traballos duraron tres semanas, aproximadamente e contaron co control dun equipo de arqueólogos cualificados. Consistiron na limpeza da maleza e roza forestal da parte máis alta do castro, a máis próxima á muralla.

 

Pode que che interese...