Cova de Eirós / covadeirosdocumental.wordpress.com

O xacemento da Cova de Eirós, a debate no CCG

Tempo de lectura: 2 min.

O Consello da Cultura Galega (CCG) organiza o vindeiro 27 de maio unha xornada sobre a importancia do patrimonio arqueo-paleontolóxico das serras orientais.“A descuberta das manifestacións gráficas en Cova Eirós abre unha pequena fiestra para achegármonos á esfera simbólica e artística das sociedades de cazadores recolectores do Paleolítico Superior galaico”, aputna o CCG sobre estas xornadas nas que participarán, entre outros, Ramón Fábregas, Aurora Grandal e Arturo de Lombera.

As intervencións levadas a cabo dende o ano 2008 na cova de Eirós amosan a intensidade e variabilidade das ocupacións deses espazos por parte das comunidades pre-e históricas, así como a evolución do seu uso como hábitat doméstico, refuxio, espazo simbólico, funerario ou, mesmo, para a explotación agro-pastoril.

Traballos na Cova de Eirós / Asociación Cultural do Iribio

De feito, as cavidades das Serras Orientais galegas agochan un importante patrimonio xeolóxico, paleontolóxico e arqueolóxico, o que as converte nunha rexión de referencia para o estudo do Cuaternario en Galicia. Porén, ata as últimas décadas do século XX a tradición investigadora permaneceu allea a este territorio, especialmente por parte da arqueoloxía.

Na secuencia de Cova Eirós, que abrangue máis de 100 milenios, documéntase a alternancia do uso da cavidade por parte de diversos mamíferos (nomeadamente os osos das cavernas) e das dúas especies de homínidos que habitaron o noroeste peninsular durante o Paleolítico Medio e o Paleolítico Superior. O rexistro arqueolóxico recuperado permite achegar e comparar os modos de vida dos Homo neanderthalensis e os Homo sapiens, así como reconstruír a evolución da paisaxe e da fauna do Pleistoceno Superior en Galicia.

 

PROGRAMA

17:00 horas

Presentación

17:15 horas

SESIÓN DE RELATORIOS

A Cova Eirós. Un referente patrimonial do Pleistoceno Superior de Galicia

Ramón Fábregas Valcarce

Osos e cazadores en Cova Eirós: o rexistro faunístico

Aurora Grandal d´Anglade

A secuencia de ocupacións de Cova Eirós. Dende os derradeiros Neandertais ata a construción de Cancelo

Arturo de Lombera Hermida

A arte rupestre de Cova Eirós

Ramón Fábregas Valcarce

O valor patrimonial de Cova Eirós, futuro e conservación

Arturo de Lombera Hermida

19:15 horas

Debate

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: