fbpx
Enfrontamento entre romanos e castrexos no Arde Lvcvs
Enfrontamento entre romanos e castrexos no Arde Lvcvs

O Arde Lucus consolídase no calendario de festas históricas do Estado

Tempo de lectura: 2 min.

Máis de 600.000 persoas, segundo o concello, pasaron esta fin de semana para disfrutar do Arde Lucus, unha festa que, en 15 anos, consolidouse xa no calendario de festas históricas do Estado ao combinar unha celebración que tenta recrear a vida de Lucus Augusti do século I.Por iso, como en edicións anteriores, polas rúas de Lugo puideronse ver romanos e castrexos, algúns deles, caracterizados como hai 2.000 aos. E é que un total de dezasete asociacións de recreación histórica montaron outros tantos campamentos en diferentes puntos do centro histórico para tentar recrear a vida de entón.

A Cohors III Lucensium, unha das máis veteranas, volveu plantar a súa fortificación en plena praza Maior, ante o consistorio, rodeada de todas as armas pesadas da época romana. Na praza Horta do Seminario, fóra do recinto amurallado, situáronse os veciños da aldea celta Tebras Galaicas e tamén o campamento dos mercenarios galaicos.

Os castrexos chegados de Friol tamén se instalaron dentro do recinto que protexe a muralla, xusto detrás da casa consistorial, para mostrar como era a vida na súa aldea, dentro e fóra das pallozas, e ofrecer petiscos do seu queixo.

Os enclaves castrexos reproducían distintas armas de guerra como lanzas ou espadas.A mostra recollía tamén reproducións de torques, da diadema de Elviña, das fíbulas, pezas de bronce utilizadas para os vestidos, ou dos tahalís, usados no transporte.

Loita de gladiadores no Arde Lucus / Xurxo Salgado

Loita de gladiadores no Arde Lucus / Xurxo Salgado

Espectáculos e aprendizaxe

O Arde Lucus combinou espectáculos, como as loitas de gladiadores que tiveron lugar na Praza da Catedral, coa aprendizaxe. Así, na Praza do Ferrol, Ludus Lucus daba a posibilidade aos máis pequenos de meterse na pel de distintos oficios romanos nas súas distintas carpas. Tamén na Rolda da Muralla á altura da Mosqueira, a empresa MBC Servizos Audiovisuais ofrecía unha experiencia de realidade aumentada.

O Carril dos Fornos converteuse un ano máis nun centro de convivencia entre romanos e castrexos. Os romanos de Lucus Equites, Civitas Lucensis ou Caetra Lucensium conviviron alí en pacífica harmonía coas tribos autóctonas de Lugnudum ou Clan de Breogán ou compartiron campamento, como os de Terra Corpora.

Tamén a nunismática tivo lugar nesta festa. Entre os exemplos da vida romana, como os que se podían ver na Caetra Lucensium, destacan o taller de acuñación de moeda, a ferrería, os aceites e cremas utilizados en cosmética ou as armas dos gladiadores.

 

Pode que che interese...