fbpx
Vista xeral do campamento romano de Aquis Querquennis / Karlos Conde-Panoramio

Unha destacada publicación científica inglesa sitúa Aquis Querquennis en Portugal

Tempo de lectura: < 1 min.

HeritageDaily, unha destacada publicación científica inglesa, sitúa o campamento romano de Aquis Querquennis, en Portugal. Foi nunha lista que fixo das dez fortificacións romanas máis remotas do Imperio Romano.

Baixo o título 10 Remote Roman Forts, a revista describe a fortificación de Bande, pero sitúaa en Portugal. “Aquis Querquennis foi unha fortaleza romana en Portugal, construída durante o reinado de Vespasiano, foi ocupada por un destacamento militar con sede en León”, apunta o texto sobre este campamento romano.

A publicación é unha referencia no mundo da arqueoloxía, a paleontoloxía e a paleoantropoloxía e elaborada coa colaboración de prestixiosos arqueólogos e outros profesionais. Ten máis de 100.000 seguidores en Facebook e é moi popular no mundo da arqueoloxía.

FONTES: La Región, Heritage Daily

Pode que che interese...