fbpx
Bandeira nacionalista colocada na Muralla de Lugo por Galiza Nova / BNG

Hai algún perigo en colocar unha gran bandeira nacionalista na Muralla de Lugo?

Tempo de lectura: < 1 min.

A Unión Progreso y Democracia (UpyD), a antiga formación liderada por Rosa Díez e que case desapareceu coa irrupción de Ciudadanos, non lle gustou que teñan colocado unha gran bandeira nacionalista galega na Muralla de Lugo. Por iso, decidiu presentar unha denuncia ante Patrimonio da Xunta.

“UPYD cree que la muralla de Lugo, Patrimonio de la Humanidad de la Unesco, no es una valla publicitaria que puedan usar los nacionalistas a su antojo”, suliña esta formación nun comunicado.

A iniciativa de colgar a bandeira galega foi de Galiza Nova nun acto que realizou este luns a prol da soberanía nacional de Galicia. Tras a pertinente denuncia, e en resposta a UPYD, Patrimonio da Xunta confirmou que a organización xuvenil non pedira autorización para a posta deste símbolo independentista, “algo que podría suponer un grave peligro para el monumento”.

“La Muralla no es un tendedero ni una valla de publicidad, es un monumento patrimonio de la humanidad que debe ser cuidado y respetado por todos”, dixo a responsable de organización de UPYD en Galicia. “Demuestran una falta de respeto a todos los lucenses y en especial a algo tan importante como es nuestra muralla al colgar una bandera que no representa el sentir de los gallegos y que no es constitucional”, engadiu.

Para UPYD, isto non deixar de ser un exemplo máis de que en Galicia os nacionalistas teñen “muchas concesiones” polo que esperan que se tomen “medidas serias” con esta organización. Con todo, non é a primeira vez que Galiza Nova colga unha gran bandeira nacionalista na muralla lucense. Teno feito xa en diversas ocasións sen que, ata agora, ninguén puxera problemas ou realizara unha denuncia.

Pode que che interese...