A illa do castro, no encoro de Cecebre

Arqueólogo di que o castro-illa do encoro de Cecebre é un xacemento romano e que habería máis sen prospectar

Hai uns días, David Fernández Abella daba conta no seu blog da descuberta dun novo castro nunha illa do encoro de Cecebre, no Concello da Coruña. Un achado que tamén destacamos en HdG. Segundo apuntou este arqueólogo e investigador, o ben non está catalogado, pero non se aventurou a avanzar a que época pertence.

Pero, unha reportaxe publicada en El Ideal Gallego, sinala que este castro podería ser un xacemento romano sen prospectar, segundo declarou o museólogo Felipe Senén. Ademais este arqueólogo afirmou que, cando se aprobou o proxecto do encoro en 1975, pasáronse por alto outros restos arqueolóxicos que “quedaron no esquecemento a pesar das leis” xa que ao facerse as obras en Cecebre, “deixáronos aí sen prospectar previamente”.

Co Lidar pódese ver o releve do castro que se atopa nunha illa do encoro de Cecebre, na Coruña / Elixio Vieites

“É unha zona rica en asentamentos. Con todo, as normas que teoricamente protexen non ou fixeron, igual que pasou cos hórreos e as murallas da cidade, que se están desfacendo pouco a pouco”, declarou o arqueólogo. O castro-illa atopado en Cecebre súmase a outros asentamentos localizados en Oleiros e en Abegondo.

Felipe Senén aposta por realizar catas neste novo ben descuberto para comprobar a súa cronoloxía e o seu estado. Ademais, sinala que se fora recuperado “converteríase nun elemento cunhas condicións incribles de protección como son as do propio lago”.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: