fbpx
Covas de dona Urraca, no castelo de Salvaterra / Concello de Salvaterra

Un dos grandes castelos da fronteira con Portugal acabará como escaparate das adegas de viño

Tempo de lectura: 2 min.

O Concello de Salvaterra e a Xunta de Galicia destinarán case 600.000 euros para converter o Castelo de Salvaterra de Miño, tamén coñecido como Castelo de dona Urraca, nun gran museo do viño. De feito, a esta suma hai que engadirlles outros 200.000 euros que custou facer unha “Casa-Museo do viño” na coñecida como Casa do Conde, do mesmo castelo. En total, 800.000 euros.

Así, o espazo adicado ao viño ocupará a citada Casa do Conde, o Pazo de dona Urraca, e as Covas ou Minas de dona Urraca. Todos eles son espazos dun gran valor patrimonial e, tal é a súa importancia, que toda a fortaleza ten a categoría de BIC.

Distintos colectivos culturais e PSdeG e BNG xa denunciaron que o que se pretende facer no castelo de dona Urraca é un auténtico “despropósito” e que responde a un “delirio de grandeza” do rexedor popular. De feito, cren que ese museo do viño só servirá para que desfrunte del as grandes bodegas e “xente vip”, pero non a cidadanía de Salvaterra.

Ademais, lamentan que logo de anos de ter pelexado para que ese castelo, que pertencía á familia de Alba, pasara a ser público, agora sexa convertido nun gran museo do viño non que non haberá espazo para explicar as rica e importante historia que atesoura esa fortaleza, tal e como relata o xornal Galicia Confidencial.

Historia

O castelo de dona Urraca remóntanse as súas orixes aos séculos X e XI. Foi escenario de moitos dos enfrontamentos entre España e Portugal. Nel Dona Urraca dirixiu, aliada con Diego Xelmírez, o ataque contra a súa irmá Tareixa que se proclamara raíña de Portugal no 1121 e que, derrotada na Batalla de San Mamede, tívose que refuxiar no castelo de Lanhoso. No 1479 Pedro Madruga defendeuse nel do exército enviado polo arcebispo Alonso II de Fonseca.

Tamén foi escenario das guerras contra Portugal durante a coñecida como Guerra da Restauraçao, da que xa se falou en HdG.Desde o ano 1643 ata 1659 pertenceu a Portugal e, posteriormente, unha vez reconquistado serviu para tomar a praza veciña portuguesa de Monçao.

Pode que che interese...