fbpx
Tradicional Entroido en Viana do Bolo / foto turismo.gal

O Entroido ancestral de toda a Península Ibérica reunido en Viana e Vilariño de Conso (Ourense)

Tempo de lectura: < 1 min.

Presentación da IV Mascarada Ibérica na Deputación de Ourense

As localidades ourensáns de Vilariño de Conso e Viana acollen esta fin de semana a IV Mascarada Ibérica, que reúne aos mellores entroidos etnográficos de toda a Península Ibérica. Os desfiles, que contarán coa participación de 600 participantes de 40 grupos chegados de diferentes puntos da Península, terán lugar esta fin de semana.

As distintas representacións dos entroidos ancestrais poderán verse en desfiles e actividades culturais e de lecer nas que participarán máis de 600 persoas, integrantes dos 40 grupos chegados de diferentes puntos da Península Ibérica.

Na IV Mascarada participarán grupos de Galicia, Castela-León, Castela A Mancha, Asturias, Cantabria e Portugal, contando co apoio da Deputación de Ourense e a organización por parte da Comisión Entroido 2018 de Viana do Bolo, a Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso e a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), ademais dos concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo.

Pode que che interese...