fbpx
Vía romana XIX ó seu paso por Castroverde / foto Lugoxornal

Piden o arranxo da vía romana XIX ó seu paso por Castroverde

Tempo de lectura: < 1 min.

A vía romana XIX era unha calzada da época de Augusto que circulaba dende Asturica Augusta ata Bracara Augusta atravesando as actuais provincias de Lugo e A Coruña seguindo dende a vila de Iria de xeito paralelo á liña de costa ata Bracara. A vía XIX pasaría polo tanto por Bergidum Flavium, Lucus Augusti, Iria Flavia, Aquis Celenis (Caldas), Turoqua (Pontevedra), Tude, Ponte de Lima e Bracara. A vía XIX foi unha das máis importantes vías das que comunicaban a Gallaecia romana, sendo a única que unía as súas tres grandes capitais, Asturica, Lucus e Bracara. Como non pode ser doutro xeito aparece descrita no Itinerario de Antonino.

Pois, segundo informaba Lugo Xornal, o Bloque Nacionalista Galego quere levar ó Pleno de Castroverde unha iniciativa para demandar o acondicionamento da Vía Romana que transita pola parroquia de Tórdea. As choivas levan tempo desfacendo o que é hoxe o treito da antiga vía ó seu paso por Castroverde, e no último ano xa deixaron intransitable o camiño. A vía é empregada tanto por tractores para labores agrícolas como por senderistas para facer roteiros a pé. Sen dúbida un treito dunha importante vía que paga a pena estudar e recuperar.

Pode que che interese...