fbpx
Pórtico da Gloria antes da restauración / foto OpinadorCCBy Wikimedia

O Pórtico da Gloria abrirase ó público esta mesma semana

Tempo de lectura: < 1 min.

Despois da súa rehabilitación e apertura oficial, con presencia de autoridades da Casa Real incluídas, o Pórtico da Gloria prepárase para as primeiras visitas abertas ó público. Será a partires do vindeiro día 27, xusto despois da festividade do Apóstolo e poderá visitarse nun horario ininterrompido de 8 da mañá a 22 horas, ata o día 20 de setembro. Iso si, farase por estrito orde de chegada e en grupos de 25 persoas, nun acceso controlado por persoal de seguridade dende a praza do Obradoiro.

Mais a pasares deste horario estendido, o fluxo de visitantes interromperase polos actos litúrxicos na catedral, dous diarios de luns a venres e catro os sábados e os domingos. A visita estará precedida tamén pola entrega dun folleto e o visionado dun vídeo explicativo previo á contemplación do Pórtico. O deán da Catedral, Segundo Pérez, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, asinaron no día de hoxe un convenio para regular as visitas á gran obra cumio do románico europeo, o pórtico do Mestre Mateo.

Pode que che interese...