fbpx
Hospital do Espírito Santo de Baiona / foto Murado e Elvira Arquitectos

Rehabilitan o vello hospital do Santo Espírito de Baiona para biblioteca e arquivo

Tempo de lectura: < 1 min.

Baiona xa ten nova biblioteca municipal e novo arquivo histórico. Atópanse dende o pasado sábado entre as paredes do vello hospital de peregrinos do Sanctu Spiritus, unha das edificacións históricas máis importantes conservadas na vila. Para isto foi preciso unha coidada rehabilitación do edificio que correu a cargo do estudo de arquitectura Murado y Elvira, unha rehabilitación de mobiliario sinxelo e lixeiro e unha busca da convivencia da arquitectura tradicional coa creación contemporánea. A obra contou cun orzamento de 1,1 millóns de euros cofinanciados polo Ministerio de Fomento, e gardará no seu interior máis de 27.500 libros.

A biblioteca e arquivo, inaugurada o pasado sábado polo alcalde da vila Ángel Rodal, e máis polo presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, dispón diferentes espazos, como salas de lectura, sala infantil, espazos dedicados a arquivo e dúas salas polivalentes no andar inferior. Ademais, xunto a biblioteca tamén se reformou o xardín do edificio, que na mente dos arquitectos foi na idea de que funcione como sala de lectura en xornadas de estío. O deseño do xardín, estará inspirado na orixe da parcela como horta. A nova a recollía o pasado domingo a edición local do xornal La Voz de Galicia.

Pode que che interese...