fbpx
Cárcere da Coruña / fotoAndrés Maneiro CCBy Wikimedia

Arrinca unha a nova etapa do Cárcere da Coruña como centro cultural

Tempo de lectura: 2 min.

Hoxe de 11:30 a 23:30 abre por fin o Cárcere da Coruña. Faino como espazo cultural e social aberto á cidadanía. Será tan so nos seus primeiro 200 metros cadrados, que son os primeiros rehabilitados tras o peche, e que serán os primeiros inaugurados tras sete anos de abandono do vello edificio. Faise baixo un modelo de cesión de uso no que será a propia cidadanía quen propoña as actividades a desenvolver no seu interior. Nesta primeira etapa a inauguración do Cárcere estivo a cargo da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, e nela participarán diversos artistas e colectivos da cidade con danza, música e teatro nun día para celebrar a apertura do emblemático cárcere.

De feito, dentro do edificio poderán verse este verán as exposicións do “Jail Art” de arte postal, unha selección de Obxectos do Cárcere, e proxeccións e materiais dos sete anos de loita da Asociación Proxecto Cárcere para rehabilitar e recuperar o edificio e devolverllo á cidadanía. Ademais no día de hoxe haberá actuacións e actividades coas que de diversas artistas e colectivos da cidade que, nesta primeira xornada participan de forma  altruísta. Son d’Aqui, Cantareiras da Comuna, Micki y amigos, Samuel Galan, Antía Gómez Ortega, Alba Cotelo, Teatro Alfaiate, Gonçalo Guerreiro, Marcos Casás e Swing Coruña conformarán o programa desta primeira xornada.

E é que nesta primeira etapa de xestión municipal do monumento o Concello da Coruña apostou por unha xestión cidadá do espazo participativa e autoxestionada por diferentes colectivos da cidade baixo un modelo de cesión. Para isto se creou o Proxecto Cárcere. É, segundo os responsables do proxecto, por “encontrarnos con varios exemplos de investimentos multimillonarios en contedores de cultura que ficaban baleiros de contido”. Fronte a isto, o que se busca dende o Proxecto é exactamente o contrario. “Queremos que sexa a xente a que se apropie do espazo e sexa ela a protagonista da xeración de contidos que contribúan á cultura e expresión libre”.

Pode que che interese...