Casco de Leiro / Museo Arqueolóxico de Santo Antón

Cando ofreceron un porco a cambio dun dos maiores tesouros de Galicia, o Casco de Leiro

Sería posible que a día de hoxe aperacera unha peza arqueolóxica da transcendencia do Casco de Leiro? Sería posible que de acharse se lle entregara ás autoridades a cambio dunha compensación económica tal e como di a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia ou venderíase no mercado negro? O certo e que achados como o Torques de Burela ou o Casco de Leiro non son habituais dende fai moitas décadas. Pero houbo un tempo en que quenes atopaban ourivería e outras pezas arqueolóxicas dun especial valor histórico acudían as administracións para o enriquecemento de toda a nosa cultura.

É o caso de José María Vicente Somoza, o rianxeiro que no ano 1976 descubriu o Casco de Leiro, unha das pezas de ourivería máis importantes de Galicia, de preto de 300 gramos de ouro, datado entre o 1000 a.C. e o 800 a.C., conservado no Castelo de San Antón da Coruña. Atopouno este mariñeiro de Rianxo no lugar chamado Curruncho dos Porcos mentres construía un alboio de apoio no seu traballo no mar.

Na nova, recollida por La Voz de Galicia, cóntanos como lle ofreceron un porco a cambio do casco. Afortunadamente para os galegos José María non o aceptou e hoxe todos podemos gozar dun tesouro que une a nosa historia a lugares coma o País Vasco (tesouro de Axtroki), Alicante (tesouro de Villena) ou a culturas de todo o occidente europeo.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: