fbpx
Tesouro / evitarquesatanas.com

Esta é a historia do “inglés” que veu a Coruña na procura dun gran tesouro de ouro, prata e viño

Tempo de lectura: 2 min.

A desamortización de Mendizábal deixou unha forte pegada na Galicia do século XIX. Moitos edificios históricos que pertencían á Igrexa abandonáronse con todo o que había no seu interior. Según un estranxeiro que chegou ao Concello de A Coruña a comezos de 1907, así pasou no antigo convento de Santo Domingo en A Coruña que escondía un tesouro de gran valor. 

“Un cabaleiro de porte distinguido, loiro e de marcado aspecto estranxeiro”, segundo indica o xornal Noroeste da época, solicitou falar co secretario do Concello, o Sr. Jiménez. O estranxeiro dixo ser inglés e pediu autorización para visitar o convento en nome da famosa axencia de viaxes Coolk. O secretario, a pesar de que o Concello acabara de recibir a propiedade do edificio non tiña as chaves, polo que o remitiu ao Comandante dos Enxeñeiros Militares, o Sr. Arias.

O tesouro do “inglés”

O suposto inglés accedeu ao edificio, mais non fixo fotografía algunha, estaba a buscar algo. En consecuencia, tanto o secretario como o comandante mantiveron entón varias conversación para averiguar o propósito desa visita. O inglés confesou.

O estranxeiro resultou ser un enxeñeiro chileno chamado Roberto Prado, como describe o antigo xornal. Fillo e neto de españois, voltou á península en 1903 para montar unha rede eléctrica en Ourense e adicarse ao estudo das minas que se atopaban nas nosas terras.

A emigración labrega como punto de partida

Mais, como se enterou do tesouro? Segundo conta na entrevista que lle fixeron dende Noroeste, contoullo un labrego galego que emigrou a América en 1834. O seu nome, Francisco Núñez. Tras o seu paso por Montevideo e Bos Aires, remataría en Santiago de Chile. Un día pediu esmola na casa da familia do Sr. Prado que lle permitiu quedarse na súa casa como o seu criado.

Francisco Núñez foi quen contoulles que en A Coruña enterráranse 300.000 pesos “polo menos”. O tesouro contiña cubertería de plata, obxectos varios de ouro e, ademais, vinos de Xerez e de Oporto de tremenda calidade. O labrego sabía estes datos porque el mesmo axudara no enterramento destas pezas de valor.

Atoparon o tesouro?

O Sr. Núñez fixera unha explicación e un plano moi detallado do convento, polo que facía veraz a súa historia. Por esta razón, o chileno veu a Galicia e procurou o tesouro, como tamén levou ao comandante Arias colocar vixilantes no lugar para evitar que ninguén máis fose na súa busca.

Non se sabe se alguén atoparía o tesouro, nin sequera se se atopaba no momento alí. Pode ser que o removesen do lugar con anterioridade á chegada do chileno. Se é verdade e ninguén o atopou aínda, o tesouro seguirá baixo o chan do actual Colexio de Santo Domingo da Coruña.

Pode que che interese...