fbpx
Pistola atopada nas escavacións da Cidade da Selva, en Casaio / XS

Así vivían os guerrilleiros da última república independente de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

Desde o vindeiro domingo 2, coincidindo coas festas de Casaio e até o venres día 6 de setembro o equipo de Sputnik Labrego analizará e amosará os materiais arqueolóxicos recuperados nas escavacións levadas en xuño na Cidade da Selva, a última gran república independente dos guerrilleiros en Galicia tal e como xa contou HdG.

O conxunto de campamentos da guerrilla antifranquista nos montes de Casaio. Estas escavacións centráronse en sete dos chozos que compoñen os distintos campamentos guerrilleiros e que ofreceron unha importante cantidade de material arqueolóxico que será analizado agora por expertos de diversas universidades de Galicia, País Vasco e Madrid. “Esta campaña ofreceu moito material relacionado coa vida cotiá dos guerrilleiros e as súas duras condicións no monte”, afirman Alejandro Rodríguez e Carlos Tejerizo, coordinadores da intervención.

O equipo analizará o material nas escolas do pobo de Casaio e acompañarase dunhas xornadas de portas abertas para que o público interesado poida non só ver o material senón tamén comprobar os avances no seu estudo en tempo real. O horario para as visitas será de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Estes avances poderán ser consultados igualmente na páxina de Facebook do proxecto.

Pode que che interese...