A Xunta quere protexer en época preelectoral Adro Vello despois de estar abandonado case durante 30 anos | Historia de Galicia
Aspecto da igrexa medieval e dos sepulcros de Adro Vello / arqueolugares.blogspot.com

A Xunta quere protexer en época preelectoral Adro Vello despois de estar abandonado case durante 30 anos

Tempo de lectura: < 1 min.

Estamos en  época prelectoral e, agora, a Xunta ten moito máis interese que antes en protexer un ben arqueolóxico, Adro Vello, no Grove, que estivo abandonado desde hai 30 anos. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, trasladou este mércores o seu compromiso para tentar lograr este recoñecemento e valorou o inicio dos estudos previos necesarios para proceder á súa incoación.

Este xacemento arqueolóxico atópase ao bordo da praia do Carreiro. Nel pódese contemplar, en diversas capas, unha vila romana, unha necrópole de inhumación que data dos séculos V-XVIII, a planta dunha igrexa visigótica e elementos dunha fortificación da Baixa Idade Media, posterior ao s. XII, feita como protección ante posibles agresores que chegasen por mar.

Situación de abandono no que se atopa Adro Vello, en O Grove / galiciadenuncia.blospot.com

O enclave foi obxecto de diversas intervencións arqueolóxicas entre 1983 e 1990, proxectos de limpeza, consolidación e mantemento dos restos. Así mesmo, o impulso da súa declaración como BIC foi unha petición reiterada desde o municipio do Grove. Con todo, desde o ano 90, o ben estivo case abandonado.

O titular de Cultura visitou este venres xunto ao rexedor municipal, José A. Cacabelos e representantes veciñais estes restos arqueolóxicos, na parroquia de San Vicente, onde destacou a “privilexiada localización” deste ben “cunha gran potencialidade vinculada ao turismo cultural”.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: