fbpx
Castro antes e despois da deseucaliptización / montaxe

Así se ve un castro antes e despois da súa deseucaliptización

Tempo de lectura: < 1 min.

Dúas imaxes moi diferentes para un mesmo castro. Estas son as dúas estampas que se podían ver antes e despois do verán de 2019, cando o castro dos Montes Claros, na parroquia de Vilaño, en Laracha, fora obxecto dunha importante deseucaliptización. A corta e limpeza mudou radicalmente a imaxe do xacemento, a súa percepción pola veciñanza, mais tamén a súa conservación.

Foi en base ó Plan Especial de Patrimonio Cultural co que o Concello de Laracha, está a recuperar varios elementos patrimoniais nos últimos anos, como o menhir de Erboedo. Este Plan permitiu que o consistorio puidera facerse coa propiedade de todas as parcelas que compoñen o xacemento, para comezar a aplicar medidas de conservación e posta en valor.

E é que nos últimos anos o Concello investiu, ó longo de varias campañas, preto de 80.000 euros na compra dos terreos que o compoñen. Fíxose tanto de mutuo acordo cos propietarios como facendo fronte a expropiacións cando non foi posible. Despois, e a través das brigadas ambientais do Concello, fixéronse obras de corta de árbores alóctonas, maioritariamente eucaliptos e limpezas periódicas no xacemento.

O castro de Montes Claros é un dos 19 existentes no concello. Está situado nun outeiro nunha zona relativamente chaira e ten uns 175 metros por 120. Está catalogado por Patrimonio e polo PXOM. Constitúe o principal sitio arqueolóxico da Laracha polo seu tamaño, visibilidade e monumentalidade.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...