fbpx
Os investigadores navegando pola zona préto de Cortegada a analizar / Xunta

Na procura dos tesouros romanos agochados nas augas da illa de Cortegada

Tempo de lectura: < 1 min.

Entre o 1982 e o 1983, acháronse préto da illa de Cortegada algunhas ánforas que foron a primeira referencia dun posible pecio romano. Dende aquela, a Xunta promoveu unha serie de investigación arqueolóxicas subacuáticas para recoller cada vez máis restos e máis información deste posible pecio romano. O último traballo apoiado pola institución autonómica data do 2007, por iso a promoción da nova prospección é importante para seguir afondando na cuestión.

Cinco años despois das primeiras ánforas atopadas, o Goberno galego promoveu unha primeira prospección arqueolóxica subacuática na Illa de Cortegada dirixida por Javier Luaces que deu como resultado a localización de abundante material cerámico, ánforas vinarias, cerámica común e tamén da variedade Terra Sigillata Gálica, así como losas de pedra que encaxarían co lastre dunha embarcación.

No ano 2007, outro traballo similar efectuado no Parque Nacional das Illas Atlánticas, encabezado por Miguel San Claudio, constatou a presencia en Punta Fradiño de elementos cerámicos de cronoloxía romana na ensenada da zona noreste e tamén de fragmentos de tegulae, o cal suxire, segundo este estudio, a presencia dun xacemento arqueolóxico terrestre que foi anegado pola subida do nivel do mar.

Nova investigación

O novo proxecto arqueológico, que vai ser desenvolto pola empresa especializada Zeta, Arqueología e Sistemas de Xestión Integral do Patrimonio baixo a dirección de Cristóbal Nodar, inclúen inmersións na zona susceptible de acoller este pecio e barridos a través dun radar acuático, segundo informa a Xunta de Galicia.

A actuación, impulsada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, consiste nunha intervención arqueolóxica marina para localizar e documentar os restos dunha embarcación da época romana tras os indicios aportados por distintos descrubrimentos anteriores na zona.

Pode que che interese...