fbpx
Csmpamento romano de Ciadela en Sobrado / foto Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga)CCBy Wikimedia

Volven os traballos arqueolóxicos á Ciadella, un dos campamentos romanos máis importantes de Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

A Xunta vén de anunciar unha nova campaña arqueolóxica na Ciadella en Sobrado, o que implica á volta aos traballos no campamento militar romano un ano despois das investigacións que determinaron as fases de ocupación deste campamento, así como sacaron á luz certos restos e pezas de cerámica.

Concretamente, actuarase sobre unha superficie de 2.565 metros cuadrados nos que se atopa o denominado principia, unha edificación duns 1.200 metros cadrados que funcionaba como cuartel xeral e espazo medular do forte romano, e a via principalis, a arteria viaria do campamento que comunicaba as catro portas do forte. Nesta superficie os traballos centraranse en investigar, excavar, consolidar, acondicionar e sinalizar unha serie de espazos e estruturas arqueológicas que están situadas na zona central do campamento.

Para completar os traballos instalaranse sinais no interior do xacemento que faciliten que os visitantes poidan realizar un percorrido auto guiado a través de códigos QR nos que se poderán descargar vídeos explicativos sobre as características xenerais do xacemento e das diferentes estruturas arqueolóxicas conservadas. Asimismo, organizaranse accións de divulgación para difundir os traballos realizados entre a cidadanía a través de publicacións en redes sociais, talleres ou visitas guiadas.

O delegado da Xunta de A Coruña, Gonzalo Trenor, no xacemento arqueolóxico de Ciadella / Xunta de Galicia

Esta nova campaña súmase aos traballos que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade leva a cabo dende o ano 2016, cando se impulsou a primeira excavación no sector noroeste da muralla. A última intervención fíxose o pasado ano en colaboración coa UVigo.

Nesa ocasión, os traballos permitiron que o asentamento militar renacese baixo a vexetación sacando á luz un gran horreum de planta rectangular destinado a gardar alimentos ou documentación. Asimismo, tamén foi posible definir as fases cronolóxicas de ocupación deste xacemento, determinando que a súa construción foi no século I d.C., o que supón que se realizou catro décadas antes do que se pensaba.

Pode que che interese...