fbpx
Mina de Ouro atopada en Ponte de Domingo Flórez, no Bierzo / IEC

Atopan unha gran mina de ouro romana nas Médulas

Tempo de lectura: 2 min.

Un grupo de investigadores do Instituto de Estudos Cabreireses (IEC) localizou unha explotación aurífera de 30 metros. O achado dérono a coñecer os investigadores Jorge Arias, Balbino Núñez e Miguel Merayo, que este domingo acharon na denominada paraxe das Ferreiruscas, moi próximo ao núcleo urbano da localidade da Ponte de Domingo Flórez, e no espazo arqueolóxico das Medulas, o que “parece ser unha das maiores explotacións de ouro romanas subterráneas da zona“, aseguran a Diario de León.

Unha mina que até agora pasara desapercibida a pesar dos estudos e investigacións levados a cabo “porque se atopa bastante oculta entre a vexetación“, explicou un dos seus descubridores. “Levaba moitos anos buscándoa, sabía que tiña que estar, pero a espesa vexetación dificultaba a súa visión. Foi grazas a un veciño que un día me comentou que sabía que nese punto había unhas oquedades na terra. E a insistencia deu os seus froitos, xa que todo ese terreo existen moitos amontoamentos de estériles”, relatou o presidente do IEC, Jorge Arias.

Las Médulas, Orellán. Un dos principais simbolos patrimoniais do Bierzo / patrimoniocastillayleon.com

Semellante a de Melgotos, en Ourense

O enxeñeiro Roberto Matías, un dos maiores coñecedores e principais investigadores do espazo arqueolóxico e cultural das Medulas, será o primeiro en examinar o achado. Ten previsto facelo a próxima semana. De momento, polas imaxes e a información á que tivo acceso, Matías constata que o descubrimento é inaudito e que non hai na zona outra explotación de iguais características, aínda que si a hai do outro lado do río, xa na provincia de Ourense, a mina de Melgotos.

“Xeológicamente son semellantes”, afirma e adianta a posibilidade de que a de Ponte de Domingo Flórez sexa maior. Aínda que haberá que esperar a que estude o caso sobre o territorio para confirmalo.  “Estamos a falar da mina de ouro subterránea máis grande das que coñecemos até agora. É un caso excepcional e está xusto encima de Puente de Domingo Flórez”, subliñou Roberto Matías.

Na visita do arqueólogo encargado da investigación nas Medulas, Sánchez Palencia, realizou a finais dos anos 80, xa deixou certificado un deses amontoamentos máis baixos e próximos ao núcleo do pobo nunha canle de lavabo de estériles romano. “A mina é unha concentración de conglomerados, cunha gran sala duns 30 metros cadrados e con continuidade de tres galerías cara á dereita. En breve, farase unha prospección por Roberto Matías, cabeza deste grupo de investigación, e seguidamente a súa certificación a Patrimonio coa intención de que entre a formar parte do patrimonio arqueolóxico das Medulas e do propio patrimonio de Puente de Domingo Flórez”, subliñou o grupo de investigadores, que incidiron en que este descubrimento “vén certificar de novo que o que viviu o Imperio Romano co noroeste da Península Ibérica foi unha verdadeira ‘febre do ouro’ que condicionaría a estratexia sociopolítica da Roma de entón”. Toda a reportaxe no Diario de León.

Pode que che interese...