fbpx
O mosteiro de Albeos, na parroquia de San Xoán de Albeos, en Crecente / Patrimoniogalego.net

A Xunta pídelle ao Goberno central unha nova Lei de Patrimonio por “obsoleta”

Tempo de lectura: < 1 min.

Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de lei para instar o Goberno central a elaborar un novo anteproxecto de Lei de Patrimonio Histórico Español dialogado e adecuado á lexislación vixente nas comunidades autónomas e que atenda á realidade galega.

A iniciativa, cos votos favorables do PP e a abstención da oposición, foi defendida en comisión polo deputado popular José Luís Ferro, que censurou o texto actual por tratarse dunha proposta “obsoleta”, que “obvia o acceso ao patrimonio” e que “carece dunha visión integradora da conservación e posta en común dos bens”.

Así mesmo, advertiu que o documento “non atende ao papel do patrimonio da sociedade actual” e que a redacción se presenta “cargada de erros, indefinicións e contradicións” que “retrotrae a un proceso de recentralización case predemocrático”. Ferro referiuse, en concreto, a que a proposta de reforma “invade as competencias” das comunidades e trata de recuperar para as Estado “funcións que non é capaz de facer no día a día“, ademais de “impor ríxidos trámites burocráticos que dificultan” a xestión nesta materia e “empeora a situación da cidadanía”.

“Desde o primeiro momento a Xunta considerou que a proposta realizada polo Goberno central sostíñase sobre criterios e análises anacrónicas e desfasados temporalmente, que invadía claramente o ámbito competencial, e as relacións de lexítima confianza e colaboración entre as administracións públicas”, manifestou. Por iso, a Xunta presentou alegacións ao texto “para lograr que os obxectivos da reforma coincidan coas necesidades reais” do patrimonio cultural galego. Vía Galicia Confidencial.

Pode que che interese...