fbpx
Carballo Grande de Bustelo de Abaixo, en Carballedo, logo dunha poda sen moito xeito / GC

Así quedou un dos carballos máis importantes de Galicia tras unha poda sen xeito

Tempo de lectura: < 1 min.

A asociación ecoloxista ADEGA vén de presentar consulta ante o órgano ambiental da Xunta para que dea explicacións sobre as causas que motivaron a “impactante” poda á arbore senlleira Carballo Grande de Bustelo de Abaixo, en Carballedo, un dos case 200 exemplares que forman parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. Algo que tamén farán dende Amigas das Árbores- Ourense, pois veñen de anunciar que achegarán un escrito á Consellería de Medio Ambiente pedindo explicacións e instando a tomar medidas para coidar e protexer o carballo.

Segundo recolle o xornal Galicia Confidencial, ambas as asociacións din que o Carballo de Bustelo foi desprovisto de practicamente todas as súas pólas e ficou só o seu troco en pé nunhas actuacións “sen os máis mínimos criterios de coidado e poda”, segundo destaca Amigas das Árbores.

Dende ADEGA explican que ditas actuacións só estarían xustificadas en árbores senlleiras que poidan supoñer algún perigo para a saúde pública ou a seguridade das persoas (e sempre que non haxa outra alternativa e que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural o xustifique con informes técnicos). Por iso, e en calquera caso, piden coñecer se a Xunta promoveu previamente medidas para a conservación “en condicións” desta árbore. Toda a información en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...