fbpx
Campaña arqueólóxica no castro da Cibdá ou Castro de Armeá, en Allariz / UVigo

A Xunta, condenada por utilizar a Tragsatec para realizar informes sobre o patrimonio

Tempo de lectura: 2 min.

O pasado 5 de abril, Historia de Galicia informaba que a sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de admitir a trámite un recurso presentado pola CIG-Administración, contra a consellaría de Cultura, por realizar reiteradas encomendas de xestión a TRAGSATEC para realizar traballos que son propios de persoal funcionario da consellaría.

Pois a raíz desta denuncia, a Xunta foi condenada por subcontratar ilegalmente a avaliación de impactos no patrimonio en vez de incorporar ela máis persoal. Cultura argumentou que carecía de persoal para encomendar unha competencia exclusiva da Administración galega a Tragsatec, pero o TSXG salienta que tiña 132 candidatos mentres que a empresa pública se dedica a outras cousas e igualmente tivo que contratar 16 persoas.

Así o recolle o xornal Praza que destaca que a Consellería de Cultura deitou na práctica a supervisión de expedientes administrativos que deberían ser supervisados por traballadores da administración, en 16 traballadores alleos subcontratados a través da empresa pública Tragsatec.

Fíxoo argumentando que ela mesma carecía de persoal, pero agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anula, a petición da CIG, esa encomenda a Tragsatec e salienta que a Xunta si tiña 132 candidatos que podía contratar directamente mentres que a empresa pública nin tiña ese persoal, que tamén contratou temporalmente, nin se dedica a esas cuestións.

A Xunta tentou xustificar a encomenda a Tragsatec “por unha suposta insuficiencia de medios propios”, pero das probas practicadas no proceso “non se desprende tal insuficiencia”, di o TSXG. Segundo o tribunal, en febreiro de 2021 a Xunta dispuña na súa lista de interinidades de “132 aspirantes a ser contratados, polo que a insuficiencia de medios humanos dispoñibles para a Administración autonómica é un feito desvirtuado”.

Ademais, o TSXG salienta a “improcedencia de que as funcións de inspección se realicen por persoal non funcionario contratado ‘ad hoc’ por unha sociedade mercantil”. Toda a info en Praza.

Pode que che interese...