fbpx
Ara romana como pedestal dunha escultura de Santa Clara no convento de Santa Clara en Pontevedra / Antonio Costas

Esta é a historia da ara romana redescuberta tres veces nunha igrexa

Tempo de lectura: 2 min.
“Un achado inesperado. A Deputación de Pontevedra descubriu unha posible ara romana en Santa Clara. Así o asegura a este xornal o vicepresidente provincial, Cesáreo Mosquera, que explica que durante a recente visita do Consello Asesor do Museo ao interior do convento, que tivo lugar o pasado 12 de xaneiro, os técnicos atoparon unha pequena columna de pedra . – Fixáronse nela e, despois de darlle moitas voltas, saíron absolutamente convencidos de que era unha ara romana-, engade”. Asi anunciaba hai uns días o Diario de Pontevedra o achado dunha ara romana.
A peza estaba pegada á parede do tramo final dun dos corredores do cenobio e preto da zona na que se atopa o lagar. Sobre ela había unha vella tixola de cociña, que permanecería alí desde que as clarisas deixaron o convento en 2017. A altura do pedestal é de aproximadamente un metro e dispón de base, fuste e cabeceira. “Parece ser que non tiña un uso relixioso“, di Mosquera, que sinala que a posible ara está “bastante degradada” como consecuencia dun proceso de meteorización.

Ara romana atopada na Igrexa de Santa Clara en Pontevedra / Diario de Pontevedra

O caso é que os integrantes do Consello Asesor do Museo de Pontevedra non sabían, ou non lembraban, que esa peza xa era a terceira vez en ser descuberta. A primeira delas a principios dos anos 70. Así o relata o investigador Antonio Costas que lembra que  nunha visita a igrexa de Santa “no oco que quedaba entre as duas portas, sobre un pedestal prismático de un metro de altura aproximada repousaba unha figura de Santa Clara. Decateime entón do gran parecido que tiña con algunha das aras romanas que tiña visto no Museo e así llo fixen saber o seu secretario (Alfredo García Alén). Mostrouse moi sorprendido, pois estando tan a vista de todo o mundo, ninguén reparara nelo. Acompañoume a comprobalo, e coincidimos en que era realmente un ara”.
O propio Costas asegura que García Alén deixou apuntado o achado para a súa protección. “Voltamos o Museo e redactou a correspondente ficha para o inventario que levaba o Museo. Desde ali mesmo fixo unha chamada, seica o Obispado e quedou de facer as xestións necesarias para o seu traslado”, pero non volveu saber ata anos despois. “Cando pasei o cabo de uns anos por diante do Convento, vin que a ara fora removida e a imaxen estaba sobre unha peana elevada sobre o primeiro tramo dos contrafortes”, lembra. De feito, en 2016, o propio Diario de Pontevedra aludía o achado desa peza e as declaracións do propio Antonio Costas que se amosa “moi sorprendido” por esta nova noticia dando conta de que integrantes do Consello Asesor do Museo descubriran unha peza xa descuberta.

Pode que che interese...