fbpx
Mapa do reino suevo na antiga Gallaecia / wikiwand.com

Galicia xa pode amosar aos turistas que foi o primeiro reino de Europa

Tempo de lectura: 3 min.

A primeira sala da exposición permanente sobre a historia de Galicia no Museo do Pobo Galego xa é unha realidade. O Delegado Provincial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor López; o Director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar; a comisaria da exposición, Desirée González; o presidente do Padroado, Xusto Beramendi, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, protagonizaron a primeira visita oficial ás salas que recollen dende os primeiros habitantes desta terra ata o Reino Suevo do século V. Unha exposición que debería pertencer ao Museo da Historia de Galica que se debeu construír na Cidade da Cultura pero que nunca se levou a cabo.

A exposición comeza fai 300.000 anos, cos primeiros homes no Paleolítico e Galicia comezou a configurar a súa paisaxe natural. Logo, a sala principal consta de varios espazos con paneis informativos e pezas orixinais, como o vidro da cidadela de Sobrado dos Monxes, que narra a etapa celta e a romanización. Esta última etapa é a que maior atención leva. Por último, nunha pequena sala está documentado o Reino Suevo de Gallaecia, un dos primeiros reinos de Europa que sobreviviu ata o século VI.

Un dos espazos da exposición sobre a historia de Galicia no Museo do Pobo Galego

Segundo o presidente do Padroado, Xusto Beramendi, a realización desta exposición foi moi complexa. El apunta tres motivos. O primeiro foi decidir que contidos quedaban fóra da exposición. “É moi posible que as salas lles pareza (aos especialistas) demasiado elemental dende un punto de vista historiográfico. Pero nós pensamos que ese é o prezo a pagar para que cumpra ben a súa función: ofrecer idea clara e completa do devir básico das xentes que poboaron esta terra“.

Esta exposición levou 10 anos de traballo de documentación, ao que se sumou os traballos de rehabilitación das salas. Xusto esta foi outra das problemáticas que apuntou Beramendi; as limitación de extensión e forma de espazos que foron pensados para funcións moi diferentes. O último factor que influiu na complexidade da elaboración da exposición foi a sintetización do material escollido.

Calidade da divulgación

Esta sala recolle unha das etapas máis longas da nosa historia, mais o Museo do Pobo Galego, en colaboración coa Xunta, o Padroado, a Deputación da Coruña e o Consorcio de Santiago, teñen plantexado que a sala da Idade Media poida ser presentads ao público este mesmo ano. A conclusión deste proxecto está datado en dous anos. Ao respecto, o alcalde Bugallo resaltou o seu desexo de que se remate canto antes, pero que “o máis importante é o traballo e a calidade deste”.

Ademais, valorou positivamente a labor do Museo do Pobo Galego ao facer “apreciar e valorar máis aquilo que temos e o que tivemos ao longo do tempo”. O obxectivo é aportar luz e coñecemento a épocas tan “descoñecidas” para Galicia.

Núñez Feijóo na inauguración da exposición sobre a Historia de Galicia no Museo do Pobo Galego

Feijóo e a historia como diálogo

O presidente Núñez Feijoo foi o último en tomar a palabra para aplaudir o resultado da exposición e do seu contido. “Fronte a historia como pretexto, como conflito, está a historia como medio de diálogo. Este obxectivo está ao alcance do museo do Pobo Galego”, comentou. Na súa quenda, o presidente de Galicia fixo moito fincapé na historia que “promove o diálogo” e falou de Galicia como un “país que non relega a súa identidade a círculos ensimismados“.

O gobernante galego celebrou que o Museo traballe a prol de facilitar aos galegos que se recoñezan como pobo, un pobo que, nas súas palabras, unido pola súa cultura. Unha cultura que, dixo, ten que ser promovida tamén fóra das nosas fronteiras, polo que fai un chamamento aos visitantes españois e internacionais que se asomen a estas exposición e observen que “somos un pobo milenario cunha cultura moi arraigada”.

Pode que che interese...