fbpx
Muralla de Lugo / foto Íñigo Mouzo Riobó

Como utilizar os fondos ‘NEXT Generation’ para presumir de patrimonio galego

Tempo de lectura: 2 min.

Os Fondos ‘NEXT Generation’ da Unión Europa teñen o obxectivo de dinamizar a economía europea tras a crise da Covid. Tanto para Verín como para Lugo, o desenvolvemento patrimonial é clave para a súa dinamización. Así, ambas localidades presentaron diferentes proxectos para conseguir cartos por esta vía de financiamento.

O MUSEO DA ROMANIZACIÓN EN SAN FERNANDO PODE SER REALIDADE

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, trasladou ao Secreatario Xeral de Axenda Urbana e Vivenda, David Lucas a súa intención de captar investimento para a creación do Museo da Romanización no cuartel de San Fernando. O obxectivo da administración lucense é que Lugo “sexa referente galego e do noroeste español en conservación, investigación e divulgación do pasado romano”.

O Concello de Lugo xa dispón dun proxecto de rehabilitación do edificio do cuartel, que foi declarado BIC. Un proxecto que costaría un mínimo de 10 millóns de euros segundo a alcaldesa de lucense. Ademais, tamén sinalou a necesidade da posta en valor das máis de 15.000 pezas arqueolóxicas romanas coas que conta a xerencia municipal. Segundo comentan dende o Concello, o apoio do Goberno central é “total”.

UN MUSEO NATURAL PARA O POZO DO DEMO

O Concello de Verín reordenará os recursos turísticos que encerra O Pozo do Demo desde unha nova e rompedora óptica: un Museo Natural ao aire libre. Para a consecución deste ambicioso proxecto, que fará visitables os inxentes recursos naturais, xeolóxicos, arqueolóxicos e históricos desta paraxe de Verín,  tamén precisan dos Fondos NEXT Generation da UE.

O plan prevé a recuperación de varios megalitos, así como a escavación completa do xacemento arqueolóxico do Bouzadoiro e do enclave no que os historiadores atoparon os restos do Castelo de Cabreira, así coma unha ruta especial dedicado á batalla contra as tropas de Napoleón en 1809, como recolle Galicia Confidencial.

“O Pozo do Demo é moito máis ca un enclave natural”, afirma o goberno municipal, como dixo don Xesús Taboada Chivite “é un panorama de tal grandeza cósmica que xustifica o respecto con que se mira aquela sima” cuxo entorno agacha numerosos secretos e tesouros naturais, arqueolóxicos e históricos.

Pode que che interese...