fbpx
Pendellos de Agolada / E. Cuíña (La Voz de Galicia)

Os pendellos de Agolada agonizan tras séculos sendo o centro do comercio da comarca

Tempo de lectura: < 1 min.

Os Pendellos de Agolada, aquel mercado que dominou o comercio do norte da provincia de Pontevedra durante máis de 200 anos, atópanse nun estado de conservación pésimo para a súa importancia etnográfica. O abandono e a falta de colaboración por parte das institucións públicas provocou que agora o recinto ferial mellor conservado de Galicia sexa obxecto de vandalismo.

Este patrimonio etnográfico segue abandonado sen que o Concello actúe de forma directa ou consiga implicar a outras Administracións na súa restauración, como sinala o xornalista J. Benito. Unha das construcións está “pechada” con cinta de Protección Civil, caída en varios puntos, no teitume faltan tellas sen repoñer. Outros pendellos están apontoados en precario ante o risco de afundirse o tellado e noutros falta algún perpiaño tirado e o lixo campa por moitos recunchos. Asimesmo o vandalismo tamén atopou o seu oco para facer pintadas. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...