fbpx
O Xuizo Final que atopamos no arco triunfal da igrexa de Santa María de Seteventos (O Saviñao-Lugo) é unha das pinturas muráis máis fermosas que temos na Ribeira Sacra / FB máis que románico

Quen ten que pagar para salvar un fermoso mural do Xuízo Final, en perigo na Ribeira Sacra?

Tempo de lectura: < 1 min.

A Ribeira Sacra trata de ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, todos os aparellos das insititucións que traballan na zona promoven este recoñecemento. Aínda así, hai certos elementos patrimonias que se atopan en perigo ou en mal estado, un deles é a Igrexa de Santa María de Seteventos e o seu mural do Xuízo final, un dos máis prezados da Ribeira Sacra.

A Igrexa de Santa María é unha das pequenas xoias do románico. Como indica La Voz de Galicia, foi restaurada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a comezos da pasada década dos noventa, a grave deterioración da cuberta do templo ameaza agora con botar por terra todo o traballo de rehabilitación, incluído a do mural do Xuízo Final.

O párroco propuxo que foran os feligreses os que costearan a reparación. Pola súa parte, os veciños xa solicitaron a Patrimonio unha intervención de forma urxente para reparar os danos que o mal estado da cuberta está a provocar.

É a nosa igrexa, pero ten valor para toda a Ribeira Sacra. Querer ser patrimonio dá humanidade, non vale só a propaganda”, sinala unha veciña ao xornalista Luís Díaz. A igrexa de Seteventos figura entre os bens de interese cultural catalogados tras a declaración dese territorio como Paisaxe Cultural. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...