fbpx
Réplica do miliario de Calígula, na Via XIX preto de Lugo / xurdemoran.blogspot.com

Rouban un miliario en Lugo da Vía XIX

Tempo de lectura: 2 min.

En pleno século XXI e aínda seguen acontecendo cousas que raian a paranoia. Un miliario romano situado na aldea lucense de Vilaestévez, que seguramente formaba parte da vía romana XIX do Itinerario de Antonio entre Lucus Augusti e Bracara Augusta, desapareceu.

Os autores desta nova agresión ao patrimonio sabían ben o que facían, pois este enorme marco tiña case dous metros de lonxitude e varios centos de quilos de peso, polo que tiveron que empregar algún tipo de maquinaria pesada.

O miliario atopábase nunha zona moi fértil a nivel arqueolóxico, porque ademais desta peza e do miliario de Calígula, entre Lugo e o límite con Guntín está o templo romano de Santa Eulalia de Bóveda, o castro de Corvazal, o achado da estela funeraria de Crecente e máis evidencias de que todo o val do Mera, como recentemente apuntou o historiador Enrique Montenegro Rúa, pode albergar importantes restos romanos aínda por descubrir.

Cartel que sinaliza o paso da Via XIX / nuestrasrutasapie.blogspot.com

Cartel que sinaliza o paso da Via XIX / nuestrasrutasapie.blogspot.com

Pero a historia deste miliario xa está gafada desde a súa orixe. Foi redescuberta fai dous anos por un veciño de Lugo que paseaba polos camiños de Vilaestévez que se decatou que unha pedra que servía de marco de fincas era un miliario. Puxo en coñecemento da súa existencia tanto ao Concello como á Xunta, sendo confirmado por ambas as Administracións que se trataba dun miliario romano.

Miliario moi desgastado

A enorme pedra tiña unha parte enterrada, sobresaíndo polo menos un metro e medio. Non se lle distinguía ningún tipo de epigrafía, como si sucedeu no coñecido como miliario de Calígula, que apareceu a finais do século XIX a poucos quilómetros do agora desaparecido, en San Román da Retorta. O miliario de Vilaestévez puido ter algún tipo de inscrición, pero o desgaste polo paso dos anos e o rozamento de animais facía imposible apreciar algún sinal.

Segundo recolle a edición de Lugo de La Vo, este achado quedou catalogado e inventariado pola Xunta. Pero cara ao pasado mes de marzo, o mesmo veciño que o atopou, avisou ao Concello de Lugo que o miliario estaba tombado. Máis tarde acabaría caendo, quedando tirado na leira, ao pé dunha pista asfaltada. Desde o Concello explicaron onte que tras inspeccionar a zona e comprobar que se caeu, remitiron un escrito á Dirección Xeral de Patrimonio para que lles dese permiso para recolocalo no seu lugar. O problema xurdiu cando o pasado maio, os operarios municipais acudiron ao lugar e comprobaron que xa non estaba. O Concello xa deu parte á Xunta sobre a desaparición desta gran columna, sen que polo momento coñézase o seu paradoiro. Fonte: La Voz.

Pode que che interese...