fbpx
Garda Pretoriana saíndo pola muralla de Lugo
A Garda Pretoriana de Lugo sae por unha das portas da antiga muralla romana da cidade / concellodelugo.gal

Novos segredos no interior da muralla de Lugo

Tempo de lectura: < 1 min.

muralla de Lugo oculta novos segredos. Ou iso semella logo da aparición, hai unhas semanas, dun túnel. Unha construcción que procede da época romana, segundo acaba de confirmar a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

Sen embargo, e a pesar desa orixe romana, o certo é que os arqueólogos tamén detectaron outras construcións asociadas a ese túnel doutras épocas. Con todo, non puideron aínda determinar a lonxitude dese túnel, nin a súa finalidade.

O que si atoparon os expertos foron restos dunha curtiduría á entrada desta cavidade da que non está clara a data, se é medieval ou do século XVIII. En canto ao desaugadoiro, os arqueólogos sospeitan que pode seguir pola rolda da muralla, pero non saben se como unha canalización ou como un túnel.

“Vai seguir traballándose para que se poida saber algo máis da nosa historia”, confirmou a delegada da Xunta, ao tempo que apuntou que xa se traballa “en apartar unha canalización do concello (de Lugo) que pasaba por alí e que xa se desviou”.

Por iso, o Goberno galego decidiu incrementar o presuposto destinado ao coidado da muralla para “seguir estudando a ver que é ese túnel, qué labor facía”.

Pode que che interese...